08/04/14
Penúltimas tendencias
Comentario de Lucía García Rodríguez
Non adoito ler moita poesía, xa que non é un xénero que me atraia. Carlos Negro é un autor que me gusta polos seus poemas de diferente temática aos que lin. Penúltimas tendencias contén poemas breves e entretidos, o que fai que sexa unha obra amena e que me guste.
Entre algúns dos meus poemas preferidos encóntranse "It girl" ou "Verdade, bico ou atrevemento."
Como o título indica, o libro, en xeral, fala das tendencias que foron xurdindo nos últimos tempos como os piercings. Tamén menciona algúns estranxeirismos que substitúen a palabras galegas e que cada vez se escoitan máis como fashion.
Recoméndolle este libro a todas as persoas, en especial ás adolescentes, porque ao ter unha temática sobre elas, vailles gustar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario