"PENÚLTIMAS TENDENCIAS", ÚLTIMO POEMARIO de CARLOS NEGRO: UNHA RAPAZA NA BUSCA DA VOZ DE SEU.
Non
teño dúbidas de que Carlos
Negro é
un dos poetas máis interesantes e inquedos do noso panorama
poético.
Carlos non
se resigna endexamais a facer obras previsibles. Sempre está a
buscarlle as voltas á realidade que o rodea e, a partir de aí,
crea e pon á vista dos lectores e lectoras o seu discurso
normalmente poético. É un discurso arriscado na forma e
comprometido no fondo. Consciente do carácter poliédrico desta
realidade, Carlos
Negro afía
o gume da navalla e fai cortes naqueles temas que o desgustan: a
situación da muller, a violencia de calquera clase, a inxustiza
social, os modelos dunha sociedade enferma, a publicidade enganosa e
todo aquilo que soa a manipulación do ser humano.
Xa
vimos como Makinaria, un poemario orixinal e
necesario, deixou a súa pegada nos mozos e mozas, incluíndo a
todos aqueles que vivimos preto deles. Xa gozamos os seus lectores
con Abelcebú, ese tratado científico de
escarnio e maldicir, con ese humor negro (non hai xogo co apelido do
poeta) que desvelaba as trampas e vergoñas que nos presenta este
mundo.
Agora
sae do prelo, editado por Edicións Xerais, na
colección Fóra de Xogo, Penúltimas
tendencias, un poemario que volve rachar esquemas poéticos,
directo e cru, e que reivindica, dende a palabra literaria, os
dereitos da muller tan pisados no día a día. Nel, a xeito de
diario ou cuestionario, unha adolescente négase a ser unha moza
obxecto, alguén tiranizado polas modas e tics da superficialidade e
dos modelos baleiros que presenta esta sociedade, cada volta máis
gris.
Unha
rapaza que quere ser ela mesma, alguén auténtico, que pensa, que
loita contra a manipulación social do fashion,
cool, chic e sexy, que
desexa acadar esa voz que non tivo. Non lle gusta este universo que
fere sen compaixón, pois ela quere ser, por riba de todo, persoa.
Si, persoa rebelde, que pon os demais no seu sitio. Persoa que pensa
e decide os camiños por onde transitar. Persoa que pon a súa
dignidade por riba de todo. E isto, preséntanolo o autor, a través
de poemas convertidos en autocuestionarios (Cal é a túa pose
favorita? / A
posición dunha percha no armario (…) Es
feliz? / Nin
che me pasa pola cabeza ser un parrulo no estanque),
en declaracións rexas ( Fai favor, vai liscando. / Provócasme
inapetencia. / Vas a saco pola vida, / con ese xeito de andar / que
arrasa con todo, / hormonas, piercing /
e camiseta axustada (…), en pistas para que entre alguén na súa
vida: Como
me mola que entres. Como
se non existisen os puños. / Como se mirases con ollos cegos. /
Como se non agardases resposta. / Como se non importasen as linguas.
/ Como se apenas fose necesario) e, mesmo, expresando a que sabe o
amor: A porta sen casa. / A vento do norte. / A cabo do mundo. / A
luz de tormenta (…) Son algúns exemplos da riqueza expositiva
deste poemario.
E
chámame moito a atención, como curiosidade, o poema Barbie
girl,
un ataque frontal ao universo rosa da
muller, a partir da estrutura do famoso poema de Celso Emilio
Ferreiro,
Longa noite de pedra. Comeza
así: O noso universo é rosa / Rosas son os muros / da prisión das
princesas. / Rosa o amor / e o estampado dos vestidos. / As fadas, /
as bonecas, / a luz, / a laca de unllas, / as máscaras, / son todas
rosas (…).
En
fin, unha mostra máis dos camiños que se poden elixir para achegar
a poesía aos mozos e mozas, para facer que sintan a chama da poesía
como algo próximo a eles. Camiños intelixentes, directos,
que Carlos
Negro leva
percorrendo con soltura e acerto polas paraxes da nosa poesía.
Un
libro, xa que logo, para que os versos estean presente na vida,
demasiado superficial e mentireira, da nosa mocidade e de nós
mesmos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario