Literatura intelixente para mozos e mozas intelixentes
Ledicia Costas, en Recinto gris escribiu unha preciosa historia de liberación persoal e colectiva. Pola súa banda, Carlos Negro, autor de Penúltimas tendencias, incide tamén, niso, na uniformización despersonalización disfrazada de mordenidade cando en realidade non é máis que mediocriade supersexy, fashion antes muerta que sensilla. Crítica de Xosé Manuel Eyré.
Carlos
Negro, autor de Penúltimas
tendencias, incide, precisamente e
tamén, niso, na uniformización despersonalización disfrazada de
mordenidade cando en realidade non é máis que mediocriade
supersexy, fashion antes muerta que
sensilla , marca disney ou “evax
fina y segura”, tanto ten. E é, ademais, a de Carlos Negro unha
poesía de moi alto valor estético, non un simple alegato en prosa
recurtada, dato a ter moi en conta. Pero que moi en conta.
O poemario
de Carlos negro ben podería aparecer en colección para adultos, se
falamos da súa calidade, do seu valos estético, dos versos
perfectamente medidos que marcan ritmos ao servizo dunha
discursividade climática onde os símbolos empegados atopan
iluminación, da figuración ou das estruturas perfctamente
calculadas. Mais é que, primeiro, o seu destinatario preferente son
os mozos e mozas, ou, mellor, mozas e mozos, e, en segundo lugar, non
por seren elas e eles destinatarios preferentes os textos teñen que
ter menos calidade. Cunha linguaxe que garante a presenza de temas e
estereotipos da moza feita a imaxe e semellanza das mensaxes de
revistas ( Superpop, por exemplo), libros ( os de Fecerico Moccia ou
tamén Harry Potter)
ou cancións (Justin Bieber, Beyoncé), Carlos Negro dá voz a un eu
lírico que identifica a moza rebelde, a moza que non se quere deixar
atrapar no espello do superfluo uniformizador mediante a
despersonalización cegadora.
Material explosivo, cada poema é iso,
material explosivo. Para mozas e mozos que pensan e non se compracen
coa despersonalización grupal materializada desde mensaxes e
intereses costumistas megafashion, baleiros de
calquera calquera cousa que non sexa o consumismo teledirixido da
imaxe insubstancial.
E
han perdoar que o crítico non queira dar máis pistas, na crenza de
que a insinuación é convite a excesiva profusión no espido da obra
pode incentivar o saber pasivo e estéril.
Porque
estas son lecturas para moz*s intelixentes. Mais cómpre tamén
docentes intelixentes e preocupados pola formación humana dos
alumn*s, docentes que no ensino estean par algo máis que gañar as
fabas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario